Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A Xunta inviste preto de 1,7 millóns de euros nos programas de formación de 73 mozos e mozas de Santiago, Barbanza e Bergantiños que disporán dun contrato mínimo dun ano // Benefícianse os concellos de Ribeira e Rianxo e agrupacions de O Sar, Barcala, Xallas e Vimianzo TEXTO Sol Elvirat

Apoio económico ao emprego xuvenil

A Xunta aprobou impulsar neste mes de xullo programas de emprego dos que se beneficiarán un total de 73 mozas e mozos menores de 30 anos das comarcas de Santiago, Barbanza e Bergantiños, a través dun investimento de 1.685.809 euros .

Á hora de seleccionar os cinco programas definitivos tivéronse en conta criterios como que o municipio beneficiario fose resultado dunha agrupación, fusión ou se tratase dun Concello Emprendedor. Tamén se valorou que os proxectos estivesen relacionados coas TIC e coa economía dixital e que gardasen relación co tecido empresarial do territorio, así como as posibilidades de inserción laboral.

Estes programas activanranse ao longo deste mes de xullo para o que será necesario levar a cabo unha selección dos 42 participantes a través das oficinas de emprego, na que se terá en conta, ademais da idade, a experiencia laboral previa, a npermanencia no desemprego ou o nivel de cualificación. Según explican desde a Xunta, darase prioridade a aquelas persoas mozas que non recibiran previamente atención por parte do Sistema nacional de garantía xuvenil.

O alumnado obterá formación e, ademais, disporá dun contrato de traballo. Deste xeito, os programas melloran a empregabilidade das persoas que toman parte nelas a través da formación, á vez que se realizan actuacións de mellora das dotacions públicas e a prestación de servizos de interese xeral e social no eido local. Percibirá un salario durante a súa participación na actividade ao longo de 12 meses -este ano unha das novidades foi a ampliación do programa dos 6 aos 12 meses-. A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiará o 100% do salario mínimo interprofesional e a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

INVERSIÓNS No caso da comarca de Santiago, serán 26 as personas mozas que se beneficien da iniciativa. Son 10 alumnos da agrupación dos concellos de Rois, Dodro e Padrón á que se concede unha axuda de 230.933 euros, e o programa desenvolverase no primeiro. Os outros 16 beneficiarios pertencen a agrupación de Negreira, Val do Dubra e Santa Comba e a inversión aprobada é de 369.492 euros, e será o de Negreira o que acolla a iniciativa.

Pola súa banda, son 16 persoas mozas menores de 30 anos, a través dun investimento de máis de 369.000 euros, as que se beneficiarán na comarca de Bergantiños-Costa da Morte. O programa se celebrará no concello de Vimianzo.

Finlamente, en Barbanza serán 51 os mozos e mozas beneficiarios, 16 do concello de Rianxo, que reciben unha axuda total de 369.493 euros, e os outros 15 do concello de Ribeira cunha inversión de 346.399 €.

Para otorgar estes programas tivéronse en conta criterios como que o municipio beneficiario fose resultado dunha agrupación, fusión ou se tratase dun Concello Emprendedor. Tamén se valorou que os proxectos estivese relacionados coas TIC e coa economía dixital e que gardasen relación co tecido empresaria do territorio, así como as posibilidades de inserción laboral.

LIÑAS Indicar que esta é unha das liñas de axudas activadas pola Xunta dentro do Plan de formación, no que outros programas que xa estaban convocados, como os Obradoiros duais de emprego, os Programas Integrados de Emprego, as Unidades formativas en empresas para desempregados e para ocupados “non se poden resolver e poñer en marcha por mor da decisión que o Goberno adoptou en abril de non transferir a Galicia ao redor de 100 millóns de euros quelle correspondían para desenvolver accións formativas como estas”, suliñan desde o Executivo galego. “Deste xeito, a Xunta no poderá investir os 45,2 millóns destinados a estes catro programas e que permitirían celebrar 805 cursos e beneficiar a máis de 15.000 persoas”, engaden as mesmas fontes.

Invertir en futuro

PARECE QUE YA TODOS TENEMOS muy claro que cualquier cantidad de dinero público que se destine a mejorar el acceso de los jóvenes al mercado laboral no es un coste sino una gran inversión de futuro, y en estos tiempos que corren más necesaria que nunca. La fuerte crisis que se inició en 2008 ya ha obligado a varias generaciones a ser dependientes de sus mayores muchos años después de su mayoría de edad o a tener que emigrar a otros países como mano de obra barata. Ahora la crisis sanitaria podría dar un segundo mazazo a estas generaciones, las más preparadas, desde el punto de vista educativo, de la historia democrática, y las menos valoradas en un mercado excesivamente competitivo y torpemente precarizado.

13 jul 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito