Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aprobada a ampliación da vía de Brens ata Hospital

Está orzamentada en máis de un millón de euros // Carballo mellora estradas estruturantes

A Deputación da Coruña aprobou onte, por unanimidade, as obras de mellora da estrada DP 2302 que une Hospital (Dumbría) e Brens (Cee), orzamentadas en algo más de un millón de euros, incluíndo as expropiacións necesarias (94.154 €).

As actuacións proxectadas levaranse a cabo entre os puntos quilométricos 2+100 e 5+890, e consistirán na mellora da estrada, aumentando a sección actual dotándoa de dous carrís de circulación con 3 metros de ancho e beiravías de 0,50 metros. Ademais, modificaranse catro interseccións, suavizarán curvas e habilitarán carrís de espera e cuñas para facilitar a incorporación e mellorar a visibilidade. Todo elo complementarase coa renovación de firme en todo o trazado obxecto de mellora.

O obxectivo destas obras é, segundo sinalan dende a Deputación, “mellorar as condicións de seguridade viaria na zona, garantindo a coexistencia de peóns e automóbiles e mellorando a funcionalidade en certos tramos da estrada”.

Pola súa banda, o Concello de Carballo ten en marcha nestes momentos catro proxectos de adecuación en vías que están consideradas estruturantes porque unen parroquias o núcleos rurais importantes e que, por iso, foron incluídas no plan de aglomerados. O investimento acada este ano os 786.630 euros.

As obras desenvolveranse nas estradas de Xamozo (Artes) a Santa María (Ardaña), Paradela a Prearada (Sofán), Xoane a Piñeiro (Goiáns) e A Canosa (Rus) a Piñeiro Vello (Entrecruces).

A vía de Xamozo a Santa María terá unha anchura media de 6 metros ao longo dos máis de tres quilómetros que unen as parroquias de Artes e Ardaña. O proxecto inclúe a dotación de rede de augas pluviais nun treito de 70 metros. Entre os lugares de Paradela e Prearada están a realizar unha actuación similar. As obras chegarán ata o límite co municipio da Laracha, e o ancho medio que se acadará con este proxecto será de 5,5 metros, o que supón unha ampliación de ata un metro nalgúns puntos.

Próximamente comezarán as actuacións na estrada de Xoane ao Piñeiro, que foron adxudicadas á empresa Vázquez y Reino. Permitirán regularizar o firme da vía, que terá unha anchura mínima de 5,5 metros.

En canto á estrada da Canosa a Pereiro Vello, o vindeiro luns, día 14, remata o prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas para acometer a obra.

12 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.