Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

o día 5 co Mago Antón

Está dirixido a todos os públicos e repartirase en varias sesións pola mañá e pola tarde

Frades. O mes des setembro estréase en Frades cargado de actividades culturais para todas as idades. O vindeiro sábado 5 ofrecerase a primeira, que virá de man do Mago Antón. Será un espectáculo de maxia para todos os públicos e desenvolverase en distintos lugares e en varias sesións, posto que só poden asistir 30 persoas como máximo.

Para acudir a algunha das actuacións cómpre inscribirse antes do día 2 de setembro no Concello. As sesións terán lugar ás 11.30 e ás 12.30 horas, en Abellá, no campo de fútbol, mentres que na Praza de Ponte Carreira serán ás catro, ás cinco, ás seis, ás sete, ás oito e ás nove da tarde.

A seguinte fin de semana, o sábado 12 de setembro, ás 20.00 horas en Ponte Carreira é o turno da actuación Uxía Lambona e a banda molona. Por outra banda, e dentro do programa FalaRedes da Dirección Xeral de Política Lingüística, programáronse dúas actuacións para os nenos e nenas da vila. Así, a praza de Ponte Carreira acollerá o vindeiro día 19 ás 20.00 horas a actuación Xan Perillán compra queixo, compra pan. O sábado 26, no Edificio Multiusos de Frades ás once e media da mañá, será o espectáculo Os Bolechas no Camiño de Santiago, que chegará cos seus títeres para entreter aos nenos da vila. A. P.

01 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito