Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As parolas de verán do Pino van decorar camisetas e facer pizzas

    O Pino. As Parolas de verán seguen o seu percorrido polas parroquias de O Pino con dúas actividades para que a cativada amose as súas dotes como artistas e cociñeiros.

    Este xoves, a partir das 11.30 horas na escola de Lardeiros, os asistentes sacarán a súa vea de artista para decorar camisetas (pódenas levar da casa) sexan brancas ou de cores. O único requisito e que se lles poida pasar o ferro (planchar) para que o estampado dure máis tempo.

    Nesta ocasión utilizarase a técnica de plastidecor para decorar as prendas cos debuxos e motivos que máis lle guste a cada un dos rapaces.

    Recoméndase a todas as persoas interesadas que se anoten previamente no enderezo electrónico cultura@opino.gal ou no teléfono 981 511 065 antes das dúas da tarde de hoxe.

    Despois de percorrer varias parroquias de O Pino, as Parolas de verán, rematarán o 20 de agosto na parroquia de Ferreiros. No teleclub de Boavista (o local social da parroquia), tamén a partir das 11.30 horas, impartirase un obradoiro de elaboración de pizzas, para que a cativada aprenda a preparar este prato que tanto lles gusta aos nenos e nenas. c.r.

    04 ago 2020 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.