Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Asinada a obra do camiño amesán de Castelo a Vilar

Ames. O alcalde amesán, José Miñones, e o representante da empresa Asfalgal Técnicas Viarias S.L. veñen de asinar o contrato para a execución das obras de reparación do camiño de Castelo a Vilar. O proxecto, incluído no POS-2019 por un importe de 101.137 euros, recolle a súa reparación naqueles treitos máis deteriorados, mediante o emprego de aglomerado en quente previo fresado do pavimento.

Igualmente, procederase á execución de 200 metros de cuneta de seguridade revestida de formigón, baixo a que se canalizará a tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, e executaranse cinco arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais. Os traballos completaranse coa limpeza de gabias e salvagabias e a sinalización horizontal.

Dende o goberno local informan que a duración inicial do contrato é de seis meses. O concelleiro de Obras da localidade, Blas García, entende que “é importante seguir a actividade da obra pública con normalidade, pois é un motor económico importante nesta crise”. A. P.

30 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito