Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aumentaron os usuarios do punto limpo amesán

    A MAÍA. Un total de 726 amesáns visitaron no pasado mes de xullo o centro de depósito de residuos do punto limpo de Ames. A cifra incrementa nun cento de persoas á rexistrada hai un ano, en xullo de 2019. Destacan os 4.036 quilogramos de equipos eléctricos e os tres metros cúbicos de envases baleiros. O punto limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro. Está aberto preto de 40 horas semanais en xornada de mañá e tarde, entre luns e o sábado. O servizo é de balde para todas as persoas censadas no concello. Situado na metade do único polígono maián, o horario é: de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 h a 18.00 horas. Os sábados alóngase de 09.00 h a 14.00 horas e de 16.00 h a 20.00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88, e para a recollida de voluminosos e aveños a domicilio, a cidadanía ten que chamar ao número de teléfono 981 19 12 40. m.m.

    17 ago 2020 / 00:06
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito