Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Bioescola para o reforzo emocional dos pequenos

Trátase dun proxecto levado a cabo por Vegalsa-Eroski e Cruz Vermella que permitirá á rapazada comezar mellor o novo curso

Sendo coñecedores do afectada que se viu a infancia e as familias en risco de exclusión con fillos menores debido á crise sanitaria do covid-19, e co obxectivo de ofrecer unha alternativa de ocio e socialización durante o verán ás persoas usuarias dos proxectos de Promoción do Éxito Escolar e PINEO de Cruz Vermella, na provincia da Coruña nace Bioescola: Natureza e Emocións. Trátase dun proxecto a tres bandas conformado pola Organización Humanitaria, o departamento de Responsabilidade Social Empresarial de Vegalsa-Eroski e Fundación As Salgueiras, no que se ofrece un reforzo emocional aos nenos e nenas a través do xogo libre e na natureza.

“Que os nenos e nenas sexan nenos e nenas e desfruten dun verán sanador”, así resumen o obxectivo os responsables dun proxecto que procura, mediante unha metodoloxía participativa e de colaboración, traballar algúns aspectos que permitan á rapazada comezar o vindeiro curso con confianza, seguridade e saúde. Con el, afirman verán un “resultado esperado de impacto social muy elevado”.

A escola está dirixida a un total de 265 menores da provincia da Coruña con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos. O proxecto desenvolverase na Laracha, no entorno natural cercado de As Salgueiras, con máis de 30 hectáreas con animais, bosque autóctono, sendeiros, etc; unhas características que, dende logo, o convirten nun escenario adecuado para o transcurso do mesmo. Terá lugar entre os meses de xullo e setembro, durante dous días á semana nun horario de 10.00 a 18.00 horas. Nestas horas traballaranse conceptos como a autoestima, a socialización, a alimentación saudable ou obradoiros de bioconstrucción do ciclo da auga. Estas son iniciativas que axudarán a favorecer a expresión das súas emocións; traballar a regulación emocional en aspectos como o medo, a ira ou a tristeza que poden ter sido provocadas pola crise do covid-19; ou valores que fomenten a sustentabilidade ambiental e o coidado do medio ambiente, entre outros moitos resultados.

ORGANIZADORES A Fundación As Salgueiras ten como obxectivo aumentar o benestar e a conexión coa natureza de diferentes estamentos sociais. Nenos, familias e grupos de persoas desfavorecidas son exemplos de quen visita a Fundación; alí practican actividadesm como terapias asistidas con animais, os baños no bosque, os paseos longos, ou simplemente o descanso. As Salgueiras é un espazo para a socialización, o xogo universal, a cooperación, o desenvolvemento emocional, a educación ambiental ou calqueira sentimento ou proxecto que contribúa a mellorar o mundo.

Por outra banda, a Cruz Vermella representa o maior movemento humanitario, cidadán e independente do mundo que leva 155 anos colaborando con entidades públicas e privadas para que a humanidade e a dignidade chegue a todas as persoas en calqueira lugar, momento e circunstancia. Dende o comezo da crise do covid-19, está actuando en todos os países afectados, representando a maior mobilización de recursos, capacidades e persoas en toda a súa historia en favor das persoas máis vulnerables e a poboación en xeral. En España, conta con máis de 250.000 persoas voluntarias e máis de 1400 puntos de atención en todo o territorio.

Vegalsa-Eroski conta con 270 establecementos en Galicia, Asturias e Castela e León, baixo as marcas comerciais Hipermercados e gasolineiras Eroski, Eroski/Center, Autoservicios Familia, Cash Record, Eroski/City, Aliprox e Rapid. En Galicia conta con locais propios ou franquiciados nas catro provincias.

29 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito