Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Vinte persoas participaron na primeira sesión das visitas guiadas xeolóxicas ao Pico Sacro// Leváronse a cabo novas edicións de Noite Velada e Noites de Cine, pero seguindo todos os protocolos de prevención socio-sanitarios TEXTO Paula Pérez Cantelar

Boqueixón leva á súa veciñanza actividades para un lecer seguro

A consecuencia desta pandemia e do derivado confinamento, as persoas tivemos que reinventarnos para saciar o noso ocio. Primeiramente, durante o estado de alarma produciuse un aumento do consumo audiovisual, independentemente da plataforma. Agora, coa nova normalidade búscase un lecer seguro pero sobre todo e case de obrigado cumprimento: ao aire libre.

Así, sendo coñecedor o Concello de Boqueixónde que o lecer non ten por que ser incompatible co cumprimento dos protocolos de prevención contra o presente covid-19, levan a cabo numerosas actividades en prol de animar á veciñanza a   unha reactivación cultural pero debido ás circunstancias, neste caso, ao aire libre.

Estas iniciativas tiveron unha boa acollida por parte da cidadanía do municipio. Nunha actividade promovida pola empresa Geotur Galicia e en colaboración con dito concello, vinte persoas participaron na primeira sesión das visitas guiadas xeolóxicas ao Pico Sacro o pasado 27 de xullo. Segundo achegan, a xornada solleira acompañou á actividade, na que se explicou con pelos e señais a importancia xeolóxica do devandito pico. As persoas asistentes mostráronse interesadas na temática do percorrido, que contou con paradas chaves e principais no cumio, o sub-cumio oeste, as dúas bocas das covas e a Rúa da Raíña Lupa.

Tamén en pasadas datas celebrouse unha nova edición da súa xa clásica Noite Velada, concretamente o 7 de agosto. Ademais de proceder á tradicional iluminación da ponte medieval coas candeas, o Campo do Río de Ponte Ledesma acollía a actuación de A Banda da Loba, a partir das 22.30 horas. Para dito espectáculo o aforo estivo limitado, polo que as persoas que quixeron asistir deberon formalizar inscrición. En prol dunha experiencia segura, para garantir un acceso ordenado e gradual, a apertura do lugar realizouse ás 21.30 h , dispoñendo de cadeiras debidamente separadas no Campo do Río para poder desfrutar do concerto. Ademais, todas as persoas tiveron que cumprir obrigatoriamente coas medidas hixiénicas. Emporiso, portaron, ademais dunha gran dose de responsabilidade e conciencia social, unha máscara e un xel hidroalcólico, que axudaron a unha boa relación coa presente covid-19, xunto coa debida separación de 1,5 metros de cada cadeira alí colocada.

Numerosos concellos, debido ás esixencias da nova normalidade, están a levar a cabo actividades coma o autocine, en prol dunha reactivación cultural e de lecer. Mais dende o Concello de Boqueixón, xa fai tempo que se levan organizando, anualmente, xornadas de Noites de Cine ao aire libre. Nesta nova entrega estaban preparados catro filmes que se visionarían no maior número de parroquias posibles para poder deste xeito chegar a un tamén maior número de veciños e veciñas. As sesións, que se desenvolveron, se desenvolven e se desenvolverán en vindeiras datas, fano co apoio da Deputación da Coruña e deron comezo o pasado sábado 11 de xullo na Carballeira de Rodiño, coa comedia de aventuras Os Futbolísimos ás 22.30 horas. A próxima e máis cercana sesión de Noite de Cine terá lugar o vindeiro sábado 8 de agosto (á mesma hora que a anterior) no Campo do Río de Ponte Ledesma, onde se visionará a comedia SuperLópez. O programa continuaba o venres 14 de agosto coa proxección do filme infantil A galiña Turuleca no Campo da Feira de Lestedo, e finalizou esta fin de semanao no Campo da Festa de Oural co visionado da película Copito de Neve.

Todas as actividades, como xa se nomeou, foron desenvoltas baixo estrictas condicións de hixiese socio-sanitaria, de xeito que se puideron desfrutar coa máxima seguridade.

17 ago 2020 / 00:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito