Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Camariñas abrirá en xullo os museos Man de Camelle e o do Encaixe

Camariñas. O vindeiro mércores, 1 de xullo, volverán a abrir ao público o Museo Man de Camelle e o Museo do Encaixe de Camariñas, seguindo o protocolo marcado polas autoridades sanitarias.

O horario de visita ata finais do mes de setembro será de martes a domingo, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Estableceranse medidas preventivas para o público, como o uso obrigatorio de máscaras, a instalación de dispensadores de xel hidroalcohólico nas zonas de acceso, elementos de protección no despacho de billetes e aplicacións online para consultar o plano do museo e os contidos do percorrido, evitando así os folletos.

Ademais, haberá un aforo máximo que se controlará nos accesos, só poderán realizar a visita conxuntamente os núcleos de persoas convivintes, haberá que gardar a distancia de 1,5 metros entre os visitantes, e estes terán que evitar tocar superficies no interior. As visitas guiadas deberán solicitarse a través do correo electrónico museos@camarinas.net ou no teléfono 981 710 224.

RAQUEL MOREIRA. O mesmo día da volta a actividade dos museos tamén se producirá a apertura da nova aula Raquel Moreira Carril no Museo do Encaixe, bautizada co nome da que foi técnica do museo e profesora da escola municipal de palillo e que faleceu hai dous anos. M. R. L.

29 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.