Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Campaña amesá para limitar a velocidade a 30 quilómetros nas urbes

A Maía. A concellaría de Mobilidade de Ames vén de lanzar a campaña informativa sobre a redución da velocidade no interior dos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro. Así, e baixo o lema A 30 Ames é máis “preténdese que o Concello sexa máis amable, máis divertido, máis saudable e máis noso”, indican os seus responsabeis.

Trátase dunha iniciativa de sensibilización sobre a importancia da velocidade a 30 qm/h no interior das zonas urbanas amesás, e para difundir dita campaña entre a veciñanza elaboráronse carteis, folletos informativos e unhas chapas con refráns e mensaxes motivadoras.

Lembrar que este concello maián está inmerso na licitación do Plan de Mobilidade Integral Municipal Sostible, que conta cun orzamento base de licitación de 90.000 €. A través del, preténdese ter unha posición global do concello, nos desprazamentos internos, aparcamentos disuasorios e na implantación de novas medidas de tráfico. m.m.

11 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito