Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cee acolle hoxe a estrea do espectáculo familiar ‘Voa, voa!’ de Talía

COSTA DA MORTE. Talía Teatro regresa hoxe aos escenarios en Cee coa estrea do seu novo espectáculo para o público familiar Voa, voa!, a partir das 20.00 horas na casa da cultura, e repetirá función mañá, ás 12.00 h. Trátase dunha proposta para público infantil e familiar “na que se poderá recuperar ditos, retrouso, sortes de dar... e toda unha relación de ditos populares que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral”, segundo sinala o autor e director da obra, Artur Trillo. Da posta en escena encargaranse María Ordóñez e Toño Casais.

A peza conta cun dobre apoio da Consellería de Cultura e Turismo a través das subvencións á creación escénica e do programa de dinamización lingüística FalaRedes, no marco do que este verán poderá verse nunha quincena de concellos. Así o subliñou onte o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, no acto de presentación, que estivo presidido pola alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, quen agradeceu ao Agadic e a Talía Teatro por elexir “a súa casa” para estrenar esta obra, da que subliñou o seu contido “que vén moi a conto co que vivimos no confinamento, que fixo que moitas familias recuperasen os xogos tradicionais”.

15 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito