Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 03 junio 2024
15:30
h
A casa rural de Urdilde, en Rois, ten datas libres para realizar nos meses estivais todo tipo de celebracións // Despois da inactividade, Manuel Pérez agarda que a situación mellore no estío, polo que recomenda reservar con tempo TEXTO Brais Fdez.

Comuñóns este verán nunha aldea rural en Fogar do Selmo

Coa chegada do verán, comeza tamén a tempada forte de establecementos como Fogar do Selmo, unha casa rural situada en Urdilde, no concello de Rois, que organiza nesta tempada, ademais das habituais comidas e cenas, eventos como comuñóns ou bautizos. Logo de volver á actividade tralo confinamento, o seu propietario, Manuel Pérez, agarda que aumenten as reservas para este tipo de celebracións.

“O traballo vai pouco a pouco porque aínda existe algo de medo. Esperemos que a xente se vaia soltando e saíndo da casa, sempre cumprindo coas medidas de seguridade, para que mellore a situación”, analiza o xerente.

Emprazados nunha aldea típica galega, a contorna de Fogar do Selmo fai deste lugar un sitio único para realizar convites, xa que o visitante pode gozar da natureza nunha casa de labranza tradicional galega, completamente restaurada, e, ao mesmo tempo, de tódolos servizos e comodidades propias dun hotel.

Así, con dous salóns grandes e unha ampla terraza, teñen un aforo adaptable ás necesidades das familias. “Cumprimos co aforo que nos delimita a norma, pero ao contar tamén coa parte exterior este pode variar”, sinala.

Con estas posibilidades, ás reservas que xa teñen marcadas no calendario, pódese sumar aínda algunha máis para estas próximas semanas. “Ao ser un ano atípico, contamos con ocos para acoller máis celebracións nesta época”, destaca Manuel, quen agarda poder acoller algunha comuñón que fose aprazada para agosto ou setembro.

Por iso, teñen aberto tanto o teléfono do local (981805269) como o seu correo electrónico (reservas@fogardoselmo.com) para concertar os convites.

En canto ao menú, tanto para os eventos como para as comidas, un ano máis seguen apostando polas razas autóctonas e, en moitos casos, en perigo de extinción. “Temos o porco celta, que criamos e coidamos aquí, a tenreira cachena, o galo e a galiña de mos, que tamén coidamos nós, e despois, todo tipo de marisco e pescado, da ría de Noia. Do mesmo xeito, as hortalizas son propias”, enumera.

A maiores contan con dez habitacións amplas para desfrutar da tranquilidade e a gastronomía deste lugar. “Contamos con moitos clientes que despois de repetir tantos anos xa son case da familia”, sinala orgulloso Manuel.

Nesta tempada, como suplemento ao confort e á tranquilidade, contan tamén con actividades de aventura por lugares da contorna, as cales realizan entidades coas que teñen firmados convenios. “Poden practicar hípica, rafting, piragüismo ou escalada, en lugares próximos á casa. Ademais, hai experiencias que chegan ata a Costa da Morte”, analiza o propietario.

19 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito