Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Critica o PSOE vedrés a acumulación de lixo fóra dos contedores na vila

VEDRA. Os socialistas de Vedra denuncian nas súas redes sociais a acumulación de lixo fóra dos contedores. Segundo explican dende o partido, veñen de visitar todas as parroquias do municipio “pegando carteis, falando coa xente... e vendo moitas deficiciencias”. Nas súas redes subiron varias fotografías de vertedoiros como os da imaxe, nos que o lixo está polo chan e sen recoller. Ante estas acusacións, o alcalde, Carlos Martínez, sinala que “dende mediados de marzo, coa situación creada pola pandemia que estamos a sufrir, a cantidade de lixo xerado e recollido periodicamente aumentou ata un 30%, non podendo facer outra cousa máis que felicitar e agradecer o esforzo dos operarios que conseguiron co seu traballo paliar en moito este desfase”, explica. Por outro lado, prosigue, “as imaxes son resultado dun momento puntual e en lugares moi específicos que non reflicten a realidade do estado da maioría dos colectores da vila, se ben é certo que pode ser un exemplo para, unha vez máis, apelar á responsabilidade e concienciación veciñal para facer un correcto uso do servizo de recollida de lixo ao igual que do Punto Limpo”. Este último está a pleno funcionamento, coa única novidade da solicitude de cita previa no 981 814 612. A.P.

01 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito