Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dá comezo en Noia a rehabilitación da estación de buses

Consolidarase o terreo da cimentación, ó estar feito o complexo sobre recheos e depósitos da marisma // Vaise instalar unha nova cuberta

A Xunta de Galicia iniciou onte as obras de rehabilitación e de mellora enerxética da estación de autobuses de Noia. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o alcalde, Santiago Freire, mantiveron unha videoconferencia co obxectivo de organizar os traballos minimizando a afección ós usuarios e preservando a súa seguridade e a dos traballadores.

Os traballos inícianse cas necesarias medidas de seguridade e saúde para garantir a protección dos traballadores por mor do covid-19 e seguindo protocolos para a protección dos usuarios de transporte e garantir unha mobilidade segura.

A actuación conta cun prazo de execución de tres meses, polo que as melloras estarán finalizadas antes de que remate o verán.

No que se refire ás obras postas en marcha, permitirán actuar en catro ámbitos distintos, comezando pola consolidación do terreo da cimentación. A estación foi construída no ano 1993 e está asentada sobre recheos e depósitos de marisma, polo que é preciso reforzar a soleira para corrixir e evitar o seu movemento. Na intervención inclúese a instalación dunha nova cuberta e unha nova rede de recollida de pluviais, que irá conectada á rede municipal. Tamén se incrementará a eficiencia enerxética, cunha mellora da envolvente térmica do edificio e ca instalación dunha caldeira de condensación.

Como traballos complementarios, realizarase a reparación de gretas e pintura e a colocación de cartel e pantalla de información aos usuarios, ademais de melloras na accesibilidade.

A actuación redundará en beneficio dos usuarios da instalación, pola que, en circunstancias normais, pasan uns 200.000 viaxeiros ó ano.

Prolongarase 3 meses e inclúe medidas de eficiencia enerxética e de accesibilidade
Construeuse en 1993 e pasan por ela 200.000 viaxeiros cada ano, en circunstancias normais
21 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito