Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Diego Calvo pon en valor o compromiso da Xunta co polígono de Bértoa

cARBALLO. O presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, reuniuse onte con membros da directiva da comunidade de propietarios do polígono de Bértoa, en Carballo, para abordar as perspectivas de traballo tras o parón provocado pola crise sanitaria.

Calvo, que estivo acompañado polo tamén candidato Rubén Lorenzo, puxo en valor os compromisos adquiridos no seu momento pola Xunta con este colectivo. Lembrou que os plans de sectorización están redactados hai tempo, polo que é necesario revisalos e reiniciar a súa tramitación xa que no seu momento quedou paralizada á espera da aprobación do PXOM de Carballo. Unha revisión que, afirmou, terá lugar este mesmo ano. Tamén abordaron a construción da variante e sinalou que os plans da Xunta xa contemplan a redacción do proxecto.

19 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito