Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dúas novas marquesiñas para Laracha e Paiosaco

BERGANTIÑOS. O Concello da Laracha instalou unha nova marquesiña no núcleo urbano da capital municipal, na Avenida Fisterra, fronte a rúa Canta La Rana, en dirección A Coruña. Os próximos días colocarase outra na Avenida Bergantiños, fronte ao campo da feira, en Paiosaco, tamén en dirección á cidade herculina. Estes novos equipamentos foron cedidos pola Xunta de Galicia no marco do Plan de Transporte Metropolitano do que forma parte o Concello. Con esta medida pretenden potenciar o emprego do transporte público aumentando a comodidade dos usuarios durante o tempo de espera dos autobuses nestas dúas paradas. O Concello larachés lembra ás persoas residentes no termo municipal que poden beneficiarse das vantaxes que ofrece o Plan de Transporte Metropolitano, a través do que as administracións autonómica e local subvencionan parte do custo dos billetes de autobús en viaxes entre os muncipios adheridos ao programa, ademais de ofrecer transbordos gratuítos nos buses urbanos da cidade da Coruña. No devandito plano tamén se contempla que A Laracha disporá de transporte integrado e baixo demanda, de xeito que calquera persoa poida empregar para os seus desprazamentos as 23 rutas dos autobuses escolares, ou que, baixo demanda, o servizo de bus poida chegar a máis núcleos rurais. m. lavandeira

01 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito