Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Educación adxudica por 250.000 € as obras de substitución da cuberta no IES de Porto do Son

Porto do Son. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar na plataforma Contratos de Galicia a licitación, por 1.939.525 euros de obras nas cubertas de oito centros educativos galegos, entre eles o instituto de Secundaria da localidade de Porto do Son.

Segundo figura na plataforma, a actuación no IES de Porto do Son, aá que se destinan un total de 249.992 euros, consistirá na substitución de cuberta existente de tella cerámica.

A maiores mudaranse varias fiestras por unhas de aluminio anodizado cor natural, con rotura de ponte térmica e vidro dobre con lámina acústica e tratamento baixo emisivo. Tamén se vai renovar a pérgola existente no acceso ao polideportivo e cambiarase a tubaxe de cobre da instalación de fontanería por unha de polipropileno.

Indicar que segundo explican desde a Consellería de Educación, a finalidade das obras proxectadas é acadar unha maior estanquidade, confort térmico e un aforro enerxético a través da mellora da cuberta, aínda que tamén se incluirán algunhas actuacións accesorias, segundo explican.

11 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito