Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Elaboran un plan para minimizar en Carballo o risco de inundacións

Contempla a liberación do domino público hidráulico e realizar distintos baipases

Carballo. A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, trasladoulle onte ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, as medidas deseñadas para minimizar o risco de inundacións do río Anllóns ao seu paso polo municipio.

Entre as actuacións previstas, a Xunta contempla a liberación da zona de dominio público hidráulico, o aumento da capacidade das pontes ou a realización de baipases. Estas accións localizaríanse en varios puntos do río, pero as máis prioritarias dende un punto de vista técnico serían as situadas nas inmediacións da ponte da estrada AC-552.

A Xunta tamén incorpora outras medidas de carácter administrativo como a planificación das respostas ante situación de emerxencia ou a implantación dun urbanismo respectuoso coas dinámicas fluviais.

O Concello de Carballo deberá agora valorar as propostas coa fin de avanzar na redacción dun convenio de colaboración entre as administracións local e autonómica que facilite o seu financiamento e execución.

Na xuntanza, celebrada por videoconferencia, participaron tamén os técnicos municipais para avaliar as actuacións proxectadas no Plan Específico de Xestión de Riscos de Inundación, que redactou Augas de Galicia.

07 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito