Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 23 mayo 2024
20:39
h

Elementos circenses e música o día un no Milladoiro da man de Odaiko

Ames. A explanada da casa da cultura do Milladoiro acolle o vindeiro 1 de agosto ás 21.00 horas o espectáculo Vaia Banda! Vaia Circo! do grupo Odaiko. Como si dun circo desastre se tratara, Odaiko monta o seu propio espectáculo circense no que os elementos de percusión van ser os materiais que servan de base para as súas acrobacias.

Tallos que voan, tambores utilizados como aveños de circo, instrumentos manufacturados e música do máis virtuosa en directo, serán os elementos que farán deste circo un espectáculo para que o público desperte o inxenio.

Odaiko adéntrase neste espectáculo didáctico facendo fincapé nos tres elementos que o caracterizan como banda: o virtuosismo, o humor e a posta en escena. Trátase dun grupo de percusión contemporánea que fusiona sons do jazz, flamenco, folk e sons tradicionais que proceden de culturas como a indú ou a senegalesa. Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Fran Troncoso, todos eles músicos multidisciplinares de reputada traxectoria, son os compoñentes de Odaiko Percussion Group.

Con máis de 1.500 concertos ás súas costas, e presenza en festivais tan importantes como Steve Reich Festival (Holanda), o Stok Leuven Contemporain Festival de Bélxica, a Convención Internacional de Percusión de Taipei ou o Nancy Zeltsman Festival e o Zeltsman Marimba Festival de Estados Unidos, Odaiko encárgase na actualidade do Festival Internacional de Percusión, que se realiza a principios de agosto nos pendellos de Agolada. C.E.

29 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito