Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

En marcha a piscina de Boqueixón cun aforo do 50 % por mor do covid

BOQUEIXÓN. Boqueixón abre mañá ao público a piscina municipal. As instalacións, localizadas en O Forte, estarán dispoñibles ata o vindeiro 6 de setembro en horario de 15.00 a 21.00 horas, de luns a domingo. En caso de mal tempo, a piscina permanecerá pechada, advirten dende o Concello. Para manter a seguridade, o goberno local optou por reducir o aforo ao 50 % do total da lámina de auga. “As persoas usuarias deberán cumprir en todo momento coa normativa de distanciamento social tanto dentro como no acceso”, lembran dende o goberno local. Os prezos dos bonos de vinte entradas son de 6 € (para menores ata 16 anos), e de 12 euros, para maiores de 16 anos. Haberá diferentes opcións de abonos familiares. Lembran que polas mañás as piscinas acollerán actividades do Concilia e os cursos de natación. A.P.

30 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito