Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Excarceradas tres persoas feridas en accidentes en Silleda e Carballo

O da vila pontevedresa tivo lugar as 05.00 horas na N-525 fronte o parque de bombeiros

Silleda/Carballo. Dous accidentes ocorridos en Carballo e Silleda saldáronse con tres persoas feridas, ademais, foi necesario o uso do material de excarceración para liberar aos tres condutores do interior dos vehículos, segundo a información facilitada onte polo 112 Galicia.

En Silleda, dez minutos antes das 05.00 horas da madrugada do mércores, os servizos sanitarios informaban ao 112 Galicia dun coche accidentado con persoas atrapadas na N-525, fronte ao parque de Bombeiros. Efectivamente os Bombeiros do Deza confirmaron que procederan á excarceración do condutor do turismo. Ata o lugar tamén se desprazaron os axentes de Tráfico, tras ser informados dos feitos polo 112 Galicia. O ferido, unha vez liberado, foi evacuado nunha ambulancia do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro hospitalario de referencia

O outro accidente ocorreu ao fío das 19.00 horas do martes na localidade coruñesa de Carballo. Foi unha colisión frontal entre dous vehículos que circulaban pola AC-552, arredor do punto quilométrico 27, en Bértoa, e foi precisa a intervención do material de excarceración para liberar aos dous condutores, que quedaron atrapados no interior de ambos vehículos tras o impacto. Así o relataron os Bombeiros de Carballo ao 112 Galicia. ARCA

16 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito