Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Extinguido o incendio de Ames que calcinou 21,5 hectáreas en Bugallido

AMES. Quedou xa extinguido o incendio forestal declarado o martes nas zonas de Mourigade e Buceleiras (Bugallido, Ames) e que chegou ata o lugar de Tarrío, onde o muro dunha parcela e os cortalumes armados polas brigadas de extinción lograron frealo. Arderon 21,5 hectáreas (coma 22 campos de fútbol) e entre os medios humanos, terrestres e áreos participaron nos traballos 14 axentes, 22 brigadas, 11 motobombas, unha pá, 6 avións e 6 helicópteros. O incendio deuse por controlado ao redor da medianoite, confirmando Medio Rural a nova. O incendio declarouse ás 19.00 horas xunto ás Buceleiras, e foi preciso cortar varias estradas: a de Guimaráns ás Buceleiras, a DP-0205 a Tarrío e a paralela ao cruce da que vai a Biduído de Arriba. Horas antes ardía a zona de Caroubáns, deixando a centos de veciños sen teléfono. m. M.

06 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito