Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Deputación financiará 34 obras na comarca barbanzá

A Pobra levará a cabo a reforma integral do Camiño Real // Rianxo dotará de área recreativa ó colexio Ana María Diéguez

A Deputación da Coruña aprobou a primeira achega do Plan Único que, para o Barbanza, suporá un investimento de 5.921.750 €, dos que máis da metade (3.129.320 €) serán para financiar 34 obras de construción e mellora de infraestruturas públicas.

En Boiro (cun total de 1.509.284 €) faranse beirarrúas e servizos en Esteiro; instalarase a rede de auga en Bealo e mellorarase a seguridade vial nas inmediacións dos centros de ensino da avenida de Compostela. En Carnota (715.528 €) levarase a cabo o saneamento e a pavimentación no Pazo e en Pedrafigueira. En Lousame (419.240 €), pavimentaranse viais en Guiende (Tállara) e o acceso a Pousada da estrada Portobravo-Tállara; e mellorarase un camiño de Vilacoba a Vilar de Reconco e accesos en Comparada. En Mazaricos (1.096.835 €) acondicionarase a piscina municipal da Picota e, en Muros (1.088.349 €) o do aparcadoiro público da rúa do Cabo, ademais de melloras no campo de fútbol de céspede artificial E. Balayo.

En Noia (1.227.101 €) está proxectada a mellora ambiental e a canalización de pluviais no Couto e a dotación de graderío ó campo de fútbol. En Outes (853.810 €) pavimentaranse os viais de Cuns (Cando), Lestaio a Terelle e Carleo de Arriba. En A Pobra (822.348 €), acometerase a reforma integral do Camiño Real; mellorarase a accesibilidade da rúa Fernández Varela e da Praza M. Escurís; e ampliarase o saneamento no Freixo. En O Son (1.206.889 €) faranse beirarrúas de Arnela a Abuín e de Alto de Olveira a Eiravedra; ensancharanse viais en Trasdoanes e Laranga; humanizaranse rueiros de Nebra; e mellorarase o abastecemento en Campanario e Valcunqueiro.

En Rianxo (1.063.697 €) dotarase de área recreativa infantil ó CEIP Ana Mª Diéguez e ampliarase o abastecemento en Outeiro (Taragoña).

E en Ribeira (2.003.905 €) pavimentaranse un vial en Gándara e a Praza da Amarella; renovaranse servizos na rúa das Américas (Aguiño) e na Falcato; pavimentarase e dotarase de rede de pluviais á rúa do Castro (Castiñeiras); dotarase de saneamento a Agrelo (Olveira-Oleiros); e renovarase o abastecemento da DP-7305 en Carreira.

01 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito