Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Havana Group actúa en Bertamiráns dentro do ciclo Música na noite

Monoulios DOP en acústico poñerá fin a progamación o sábado 12 de setembro

Ames. Ames retoma hoxe o ciclo Música na noite coa actuación, ás 20.00 horas na praza da Maía, en Bertamiráns, de Havana Group. Durante setembro compoñentes de varias orquestras galegas que residen no concello xuntaranse para interpretar música cubana tradicional.

A segunda sesión queda para o próximo xoves, 10 de setembro, ás 18.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Nesta ocasión a veciñanza amesá poderá gozar da actuación do trío acústico VAG. Este concerto estaba programado para o pasado domingo, 16 de agosto, pero houbo que suspendelo pola choiva. Deste xeito a veciñanza poderá gozar do pop rock nacional e internacional que está presente no repertorio do trío VAG.

O ciclo Música na noite remata o vindeiro sábado, 12 de setembro, coa actuación de Monoulious DOP en acústico. Será na praza da Maía, en Bertamiráns. Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para Internet.

A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que suban á rede videoclips que eles mesmos producen e que coa forza das redes sociais pronto contan co apoio do público.

Este empuxe é o que os leva a montar unha banda en clave de rock. Após dun bo número de concertos, na primavera de 2017 a banda edita o seu primeiro traballo, un dobre LP baixo o nome de LP Padre. O disco foi presentado en festivais e nas mellores salas galegas. s. e.

06 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito