Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lalín acolle un dos cursos de alfabetización dixital

Lalín. O municipio de Lalín vai ser un dos tres de Galicia que acolla unha acción formativa online e totalmente gratuíta de alfabetización dixital, no marco do programa Lanzaderas Conecta Empleo (Programa GPS), impulsado pola Fundación Santa María La Real e a Fundación Telefónica, en colaboración coa Xunta de Galicia.

A iniciativa conta co financiamento do Fondo Social Europeo (FSE) a través do programa operativo POISES (Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2019-2023).

Así o destacou o edil de Novas Tecnoloxías, César Reboredo, quen destacou o feito de que Lalín sexa a única localidade da provincia da Coruña e unha das 25 españolas onde se desenvolva esta acción que posibilitará aos participantes adquirir habilidades dixitais básicas para a búsqueda de emprego.

O curso, gratuíto, levarase a cabo entre o 29 de xuño e o 17 de xullo. O prazo de inscrición está aberto e pódese facer ata o 15 de xuño a través da web https://www.lanzaderasconectaempleo.es/info-alfabetizacion. arca

04 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito