Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Licitan a mellora integral de tres vías sonenses e da rúa da Fonte de Portosín

Cun orzamento de case 240.000 euros, as actuacións inclúen o soterramento de cables

Porto do Son. A Deputación da Coruña investirá 239.745 € nas obras de mellora de diversas rúas de Porto do Son. Os proxectos están en fase de licitación ata o mércores.

Polo seu importe (100.665 €) destaca a humanización da rúa da Fonte, en Portosín, moi deteriorada e con múltiples barreiras arquitectónicas. A obra suporá a súa reforma integral, actuando nas beirarrúas, na calzada, nas instalacións aéreas e subterráneas e na confluencia co Paseo de Coira e a rúa Con.

Procederase ao soterramento da maioría das instalacións aéreas de electricidade, alumeado e telefonía, e á renovación das subterráneas. Ademáis, dotarase ao conxunto de novo mobiliario urbano e árbores.

A fonte que dá nome á vía, recollida no catálogo de patrimonio cultural do PXOM sonense, será tamén recuperada e posta en valor.

Tamén se levará a cabo o acondicionamento doutras tres rúas do municipio: Petón da Baia, Costa Granxa e Petón, nas que se instalarán colectores separados para augas pluviais e residuais e que se pavimentarán con formigón armado pulido con acabado rugoso en cor ocre, en sintonía con outras rúas da mesma localidade. s. s.

24 may 2020 / 02:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito