Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Melloras do firme en estradas autonómicas da provincia coruñesa

Actuarán en vías de A Baña, Carballo, Laxe Cerceda, Laxe, Santa Comba, Tordoia e Zas

Carballo. Un total de dezasete empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras de mellora do firme en cinco estradas autonómicas da provincia da Coruña, licitadas por un importe de máis de 1 millón de euros. Actuarán nas vías AC-400, AC-404, AC-429, AC-444 e AC-419, ao seu paso polos concellos da Baña, Carballo, Cerceda, Laxe, Ponteceso, Santa Comba, Tordoia e Zas.

Estas intervencións terán un prazo de execución de 4 meses e o contrato ten por obxecto a rehabilitación do firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada, coa finalidade de reforzar e mellorar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios.

Na AC-400, as obras centraranse no tramo de Sigrás-Muros, entre os quilómetros 28+600 e 62+500; na AC-404, de Santa Comba a Baio, entre o 1+350 e o 20+670; na AC-429, de Ponteceso a Laxe dende o quilómetro 0 ao 11+710; na AC-419, de Buño a Ponteceso, desde o punto quilométrico 3 ao 4, e na AC-444, entre Negreira e Ponte Failde, comezarán no 0+570 e chegarán ata o 10+910.

Na maioría dos casos tamén se repoñerán captafaros, bandas sonoras, a sinalización e os drenaxes.

29 may 2020 / 03:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito