Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Muxía activou o Plan de Accións para o Clima

Muxía. O Concello muxián iniciou os traballos para a elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), co que pretende reducir as emisións de CO2 no seu territorio nun 40 por cento como mínimo de aquí a 2030. Un obxectivo que pretende conquerir a través da mellora da eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovables, ademais de aumentar a resiliencia mediante as adaptacións ás repercusións do cambio climático.

Os primeiros pasos consistirán na elaboración dun inventario de emisións de referencia de CO2 debidas ao consumo de enerxía no territorio, para posteriormente realizar unha avaliación de riscos e vulnerabilidades climáticas. Os traballos están subvencionados pola Xunta de Galicia e cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

O alcalde, Iago Toba, reuniuse xa coa empresa coordinadora dos traballos e co persoal técnico municipal para concretar detalles. Asegura que o reto é “facer de Muxía un concello que esté totalmente ao día coas responsabilidades medioambientais que se requiren”. M. R. L.

12 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.