Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Pino deu luz verde no pleno á axuda de cen mil euros para os autónomos

A proposta contou cos votos a favor de PP e BNG e o rexeitamento do partido socialista

O Pino. O Concello do Pino vai destinar unha partida de 100.000 euros para axudas directas aos autónomos ou pequenas empresas con menos de 10 traballadores obrigados a pechar durante o estado de alarma. A proposta do equipo de goberno foi aprobada no pleno ordinario de onte, cos votos a favor do PP e do BNG, mentres que o PSdeG votou en contra. O alcalde, Manuel Taboada, defendeu este proxecto “como unha iniciativa municipal para tentar reactivar a economía”, sinalou.

As axudas poderán ser dun máximo de 600 euros para pagar cotas de autónomos e outros 600 € para alugueiros, e os solicitantes teñen que estar empadroados no municipio con anterioridade ao 15 de xuño. Taboada estima que esta medida pode beneficiar a uns cen autónomos ou pequenos empresarios.

Pola súa banda, os socialistas propuxeron ampliar os conceptos subvencionables e incluír outros gastos, como amortizacións de préstamos, luz, auga ou a Seguridade Social dos empregados.

O alcalde rexeitou esta proposta indicando que eses gastos pódense incluír en subvencións doutras administracións, como Deputación, Xunta ou Goberno central.

Tamén quedou adxudicado o Servizo de Axuda no Fogar, que seguirá prestando a empresa O Espertar Servizos Sociais por un total de 264.695 euros anuais, cun prezo por hora de 15,60 euros en días laborais e de 18,20 euros en festivos. Ao igual que a anterior proposta, contou cos votos de PP e BNG e o rexeitamento do PSOE. A. P.

01 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito