Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Oitenta e dúas familias acolléronse en Ribeira aos bonos CampaVerán

Permiten financiar as estancias de nenos de 3 a 12 anos en catro campamentos locais

    Ribeira. Rematado o prazo para a solicitude dos Bonos Concilia CampaVerán que ofrece o Concello de Ribeira, foron 82 as familias que se acolleron a esta iniciativa impulsada co obxecto de subvencionar e favorecer a asistencia de nenos e nenas a campamentos de verán organizados por catro entidades con sede no municipio.

    Dos 82 bonos concedidos, 66 estiveron destinados a familias cuxos dous proxenitores está traballando ou ben son monoparentais (nos que se subvencionaba ata 100 euros ao mes por usuario), en tanto que os 16 restantes foron para outras tipoloxías familiares (ata 50 euros).

    Cómpre lembrar que estas axudas están destinadas a nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 12 anos, que poden asistir durante cinco horas diarias de luns a venres aos campamentos organizados por catro empresas locais: Globiocio, Golfiño, Ociobros e Fit Sport Natural.

    Por outra banda, dende hoxe venres e ata o domingo 16 terá lugar no campo de Pitch & Putt da Serra de Barbanza (en Macenda, municipio de Boiro) a terceira edición do torneo Concello de Ribeira.

    A mencionada proba contará con tres modalidades: percorrido longo, individual stableford ou puntuable OM. Hai máis de 2.000 euros en premios e un sorteo de material deportivo. s. souto

    14 ago 2020 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.