Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ordes presenta alegacións ao proxecto do Eólico Solpor

Ordes. A pesar do estado de alarma, o colectivo veciñal Salvemos a comarca de Ordes. Aire, auga e terra limpas, estase a mobilizar para presentar ante a Consellería de Medio Ambiente alegacións ao proxecto inicial do Parque Eólico Solpor, que contempla aeroxeradores nos concellos de Ordes e Mesía “e que, a pesar da situación social especial xerada polo coronavirus, está na fase de consultas, en exposición pública, na lista de proxectos sometidos a avaliación de impacto ambiental da Xunta”, indica o colectivo.

A entidade sinala que acaba de poñer a disposición de toda a veciñanza un documento de consideracións contrarias á autorización deste parque eólico “e instamos a todas as persoas afectadas a asinalo e presentalo canto antes no rexistro da Xunta ou a través da propia web da Consellería de Medio Ambiente, para poder impedir a chegada dos macroeólicos entre as aldeas”, din.

A mencionada instalación, que é promovida pola empresa Green Capital Power, está formada por sete muíños de vento e unha subestación eléctrica. A. P.

22 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito