Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Organizan unha andaina-limpeza no río do Pego mañá pola tarde

Este acto ecolóxico e reivindicativo nace da Asociación O Cantiño e a Plataforma do Sar

Ames. A Asociación de veciños O Cantiño de Quistiláns e a Plataforma pola recuperación do Río Sar, convocan á veciñanza a unha andaina-limpeza do río do Pego que se desenvolverá mañá, sábado 1 de agosto, a partir das 19.00 horas. Con esta acción pretenden reivindicar esta paraxe de gran riqueza natural, antropolóxica, inmaterial e patrimonial e poñer o foco de atención sobre a necesidade de manter o río e non acumular lixo nas súas augas.

O río do Pego, próximo á ponte Cabirta, sempre foi coidado pola propia veciñanza, segundo conta Rubén Melide, veciño de Quistiláns e membro de O Cantiño. O problema, di, é que agora “adoitan visitalo moitas persoas novas que non teñen ese coidado e que, desgraciadamente, en moitas ocasións, deixan todo cheo de lixo”, lamenta.

É por iso que ambas asociacións decidiron pór en marcha esta acción que ten tanto de ecolóxica como de reivindicativa: “Non é tanto a limpeza que xa se ven facendo en silencio desde hai moitos anos, como a intención de que esta acción sexa realmente un acto reivindicativo: queremos facer unha chamada de atención sobre o río e a súa contorna”, sinala Suso Noia, presidente da Plataforma pola recuperación do Sar.

O Concello de Ames responde a este chamado animando á veciñanza a que participe na andaina-limpeza. Lembran que todos os que decidin acudir á cita deben ir provistas de luvas e máscara protectora. A. P.

31 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito