Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Padrón buscará ideas entre a cidadanía para dinamizar a economía

Publica unha enquisa coa intención de coñecer a opinión da poboación sobre a folla de ruta contra a crise que están a deseñar

Padrón. O Concello de Padrón publicou unha enquisa a través das redes sociais para coñecer a opinión de todos os residentes respecto da folla de ruta que deben seguir para a dinamización económica da vila e do sector turístico. A concelleira, Lorena Couso, destacou “a importancia de coñecer as impresións e propostas de toda a veciñanza para articular este plan, que dende o primeiro momento concibimos como un proxecto vivo”.

Couso precisou que, do mesmo xeito, nas vindeiras semanas convocarase aos representantes de distintas asociacións, aos líderes de opinión e expertos dos eidos comercial e turístico para a configuración do Plan de Reactivación Económica.

O obxectivo do Concello é establecer liñas de axuda para paliar os efectos da crise sanitaria e que os empresarios da vila poidan seguir adiante. Ata o de agora, o alcalde e a concelleira de Turismo mantiveron reunións cos comerciantes, hostaleiros, empresarios e praceiros para recoller todas as súas demandas e ideas.

Tras estes encontros, dende o executivo local xa puxeron en marcha unha serie de iniciativas de carácter urxente co fin de atraer novos consumidores á vila entre as que destacan a creación dun Marketplace como ferramenta de promoción. Trátase dun espazo no que poderán mostrar os seus produtos e servizos.

Todas estas iniciativas súmanse á campaña #PadrónVolve, a través da cal o Concell entregou biombos protectores, rotulou os escaparates levando a cultura á rúa, e fomentou a promoción en redes das empresas. S. E.

01 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito