Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
|| cousas do demo ||

Poñer as mascarillas é cousa de saúde, pero tamén de respecto aos demais

Despois de moito tempo sen saír de Santiago, tiven que ir o domingo pasado a Padrón para ver como despertaba o mercadillo da vila de Rosalía.

Levei unha agradable sorpresa en canto a que había xente dabondo como para dar vida as rúas padronesas e axudar a despertar ós seus comercios.

A xente da aldea que se achegou ó Souto para vender ás súas froitas ou as súas verduras recibían as visitas de clientes con bastante normalidade; os pasodobles do posto que vende CD sonaban con forza; os pulpeiros chamaban pola xente para ocupar as súas mesas; o Espolón amosaba unha comodidade nunca vista para os que decidiron acudir o domingo a facer algún tipo de compar ou simplemente a curiosear...

Pero entre tanta normalidade houbo dúas cousas que chirriaron. Unha xa é habitual. A plaza de Padrón precisa dunha reforma integral. A zona dedicada ó peixe invita a calqueira cousa menos a mercar. É necesario que os responsables do mercado visiten outras instalacións para comprobar como a padronesa é das peores de toda a comarca. Non se entende como ca afluencia de público que ten cada domingo, ninguén se empeñe en facer unha rehabilitación necesaria e que de seguro que impulsaría as ventas.

Son amante dos mercados e cando viaxo sempre visito algún. E máis cando recibo na casa a algún amigo ou coñecido de fora nunca falta un percorrido pola plaza de abastos santiaguesa. Case sempre é un acerto porque os que veñen de fóra quedan sorprendidos pola calidade dos nosos produtos, a frescura do que se ofrece ós usuarios, a profesionalidade dos placeiros e, moitas veces, polos precios.

A eses visitantes os levo a algunha vila cercana para que coñezan Galicia, e máis dunha vez achégome con eles a Padrón. Pasean polo Espolón, entran na igrexa de Santiago, toman un viño, e máis de un proba o pulpo ou unhas xoubas. O que nunca se me ocurriría e levalos a ver a plaza de Padrón. Sería como esnaquizar a visita.

O outro detalle que non me pasou desapercibido foi que algunhas das persoas que se achegaron ó mercadillo non usaban mascarilla. Eu tamén a evito cando as condicións o permiten, pero desta volta non era o caso.

Nun mercadillo é imposible gardar a distancia de metro e medio, o que supón estar en contacto con xente que non sabes de donde ven nin de donde é.

O uso da mascarilla é unha obriga. Primeiro para non contaxiar ós demáis en caso de estar enfermo, o que pode ser interpretado como unha proba de xenerosidade. Aínda que sexa molesta hai que pensar nas persoas que tes enfrente. E tamén é preciso vestir a mascarilla para evitar ser contaxiado.

Non é egoismo, é precaución. Porque se alguén resulta afectado polo coronavirus o que vai facer é levar a enfermidade a casa. O ideal para contaxiar á familia.

Por iso non entendo tanta inconsciencia. Xa todos sabemos que son molestas e que se fai calor aínda estorban máis. Pero é unha cuestión de saúde e de precaución. Xa vemos o que pasa en Ribeira e A Pobra con ese leve rebrote. Pode costar moi caro.

E onde estaban as autoridades? Porque o que non é de recibo é que os vendedores teñan que enfrentarse ós clientes para charmarlle a atención pola súa irresponsabilidade. A cousa é seria. Morreu xente e hai un amplo espectro da poboación situada nesa zona que se chama de risco. ¿E a ninguén lle importa que un grupo de persoas, máis grande do que se podía pensar, teñan como norma un pasotismo que pon en perigo a centos de persoas un domingo pola mañá en Padron?

Precisase máis man dura porque semella que o único que se entende á primeira son as multas. E despois aínda din que somos o animal máis intelixente. ¡Menuda carallada!

Alcaldes que miraron polos veciños e outros que vaguearon

Unha vez rematou o confinamento chega o momento de facer balance. No caso dos concellos é bastante positivo. Case todos os alcaldes artellaron cousas boas para os seus veciños. Uns impulsaron as actividades axudados polas redes, outros buscaron o xeito de cerar algunha línea de subvencións a quen o precisaba, os máis ampliaron o servizo de axuda no fogar, outros publicitaban cada paso que daban como se fosen os mellores sen selo e aínda houbo algún que non fixo nada e viviu a crise da pandemia rascando o bandullo.

Cando non había mascarillas moitos alcaldes as repartiron; cando non había comida no plato de moita xente moitos alcaldes buscaron o xeito de que todos tiveran de comer; cando só había negrura no futuro de moitos hostaleiros ou autonómos moitos alcaldes axudaron con partidas especiais.

Porque hai que ser hábil. De nada vale escudarse en decir que a lei non mo permite ou que tal familia non cumple os requisitos. Hai que ter peito. Un alcalde debe axudar os seus veciños sempre. O merezan ou non. Non teñen que caer ben. Porque é o alcalde de todos, non só de quen lle convén.

O máis triste son os que pasaron o confinamento sen pena en gloria. Sen facer nada. demostrando que tanto ten que se sente nese sillón tan cómodo do salón do plenos como que non asista nunca. Son eses alcaldes ós que nada lle pasa factura e que ninguén sabe como pero repiten unha lexislatura tras outra.

E hai os que fan política coas bandeiras. Se hai loito, hai loito. Porque houbo mortos de todas as ideoloxías. Non creo que o coronavirus teña predilección polos das dereitas para que un goberno de esquerdas non baixe a bandeira a media asta. É noxento.

Esta crise está a ser dura, e existen fundados temores de que pode ir a peor. É cousa dos veciños esixirlle ós alcaldes que estean á altura. teñan ou non teñan maioría. Porque nestes momentos é cando se ve a quen merece a confianza dos votantes e tamén a quen só pretende ter un bo salario.

29 jun 2020 / 01:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito