Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Esta noite celébrase na localidade de Negreira un acto para facer oficial a súa proclamación // As parroquias da rede incrementan o turismo nun 70 ou 80 por cento TEXTO A. Prada

Ponte Maceira loce o cartel dos pobos nacionais bonitos

Ponte Maceira, parroquia fraccionada polo río Tambre entre Negreira e Ames, pasaba a formar parte da rede dos pobos máis bonitos de España o pasado decembro de 2019. Un nomeamento no que acompañaba a outros catorce núcleos do territorio nacional. Deste xeito, Ponte Maceira lograba compartir distinción en Galicia xunto a Mondoñedo (Lugo) e Castro Caldelas (Ourense), as dúas únicas localidades da nosa comunidade que ata a data formaban parte deste selecto grupo.

Hoxe ás 22.00 horas celébrase oficialmente a súa proclamación. Será no propio pobo, ao aire libre, e o acto estará aberto ao público. Na cita procederase a destapar o cartel que acredita a esta localidade como parte da rede dos pobos máis bonitos de España, a cargo do alcalde de Negreira, Ángel Leis, e o presidente da Asociación, Francisco Mestre. Outras autoridades que tamén asistirán ao acto son o deputado de promoción económica, José Blas García, o alcalde da Baña, José Antonio Pereira, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García , en representación do conselleiro de Cultura e Turismo.

Dende a Asociación de Los Pueblos más Bonitos de España, sinalan que se lles explicará aos asistentes ao acto a importancia “que tiene para esta bella localidad formar parte de este selecto grupo y el impacto y proyección que generará a nivel turístico. Los vecinos de la localidad podrán saber más sobre este reconocimiento y los proyectos que tiene previsto llevar a cabo la Asociación”, apuntan.

Insisten en que dito nomeamento axudará a atraer máis turismo á zona e a dinamizar así a actividade empresarial e hostaleira, o que se traduce nun favorable impacto económico para a rexión. Dacordo cos datos que presentaron as diferentes concellerías de turismo, “los pueblos que se integran en la Asociación experimentan un considerable crecimiento en la llegada de visitantes, con un aumento promedio del 70% y alcanzando cifras del 80%”, aseguran fontes da Asociación. Dita iniciativa, que acolle xa a 93 localidades únicas, busca promocionar pequenos municipios, especialmente rurais. De Ponte Maceira resaltan sobre todo a súa incrible beleza paisaxística. “Su puente de piedra, el pazo de Baladrón, la capilla de San Brais, los molinos de agua y su palomar, son una muestra de su rica arquitectura junto a la restauración de sus casas y sus calles empedradas”, valoran.

Durante o acto de hoxe non faltará tampouco a música, que correrá a cargo do cuarteto LulaVai, e os fogos artificais porán o broche.

O PROTAGONISTA
“preservar a ponte”
Blas García
Concelleiro de Obras en Ames

O Concello de Ames, xunto ao de Negreira, está a levar a cabo labores de conservación na ponte de Ponte Maceira, un monumento con 700 anos de antigüidade. O concelleiro de Obras indica que “adoitamos facer esta limpeza en profundidade cada tres anos. Porén, todos os anos, as brigadas do Concello limpan as beiras e as marxes do río. Facémolo conxuntamente co concello de Negreira. A intención é preservar e conservar a ponte no mellor estado”.

{ A OLLADA}
Potenciar as visitas
A. Prada

sen dúbida é de agradecer que se poñan en marcha iniciativas coma a desta asociación para dar visibilidade ás localidades do rural. As grandes cidades son, en moitos casos, as que se levan todo o mérito e a elas se dirixe o turismo. Non obstante, España, e máis en concreto Galicia, está cargada de pequenas xoias nas que a riqueza paisaxística deixa, sen lugar a dúbidas, obnubilado a máis dun visitante cando as descobre. O rural non pode vivir sen turismo e a única forma de atraer visitantes é dando valor a cada recuncho e a cada monumento digno de ver. Ponte Maceira, que a partir de hoxe lucirá orgullosa o seu cartel que a acredita como un dos pobos máis bonitos de España, vai despertar o interese de moitos, e non deufradará.

01 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito