Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pósitos e alcaldes loitarán por manter o ISM corcubionés

Esixen que se cubra a baixa do médico que leva meses vacante // Temen que se poida suprimir

O centro do Instituto Social de la Marina de Corcubión pechou as súas portas a causa do confinamento e, dende entón, no volveu a recuperar a normalidade, polo que os profesionales do mar, grupos políticos, sindicatos e tamén alcaldes de Costa da Morte están a amosar o seu malestar e temor ante a posibilidade de que o Goberno central pretenda eliminar o servizo.

Así o manifestaron xa dendende o PP, o BNG e o sindicato CIG, pero foi a confraría de Corcubión a primeira que comezou a reivindicar que se restableza o correcto funcionamento do ISM, dado que a baixa do médico titular segue sin cubrirse e os traballadores do mar están sendo derivados a Muros e A Coruña para facer as revisións médicas. O patrón maior, Urbano Suárez, asegura que xa no mes de xuño remitiron un escrito á dirección provincial do ISM solicitando “unha solución ao que se ía converter nun grave problema para os traballadores da comarca”.

A resposta que recibiron foi que a falta de profesionais sanitarios en paro dificulta poder cubrir as vacantes. Foi entón cando decidiron pedir o apoio doutros patróns maiores. En agosto enviaron outro escrito á directora provincial, e tamén á Federación Provincial de Confrarías, e o 7 de setembro fixeron chegar o problema á Consellería do Mar.

A directora citou aos patróns a unha xuntanza na Coruña, pero en Corcubión non recibiron a notificación e no pósito de Muxía entenderon que ía ser o día 15, polo que non asistiron.

Ao marxe dixo, Urbano Suárez di que “non son admisibles excusas como que Corcubión está moi lonxe da cidade e que que resulta difícil cubrir a praza de médico”, e ve “pouco interese” para restablecer o servizo. O seu homólogo muxián, Daniel Castro, amosou tamén a “oposición frontal ao peche do ISM de Corcubión”. Afirma que “é unha aberración” que deixaría a máis de 2.000 afiliados de toda a Costa da Morte “a súa sorte”, polo que anuncia “mobilizacións”.

manuel ínsua
“reunirei a todos os rexedores”

• O alcalde de Corcubión, Manuel Ínsua, asegurou onte que “non imos quedarnos de brazos cruzados” e xa falou cos rexedores da Costa da Morte para “xuntarnos e intentar buscar solucións”. Xa se puxo en contacto coa directora provincial e tamén con deputados do PSOE en Madrid “para recabar máis información sobre a situación e, a partir de aí, tomar decisións”. Teme, ao igual que os profesionais do sector, que se esté intentando centralizar servizos, algo que dí “non casa cos anuncios para revitalizar a España vaciada”. Aposta polo diálogo e a negociación, pero “si teño que se crítico cos meus compañeiros de partido sereino”. Lembra que Corcubión “é un pobo que presta servizos a toda a Costa da Morte, e se nolos quitan entón morreremos”.

11 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.