Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Presentadas dezaseis ofertas para a reordenación do parque de Artes

Ribeira. O Concello de Ribeira informa de que, concluído o período de presentación de propostas, presentaronse 16 ofertas para acometer a actuación de pavimentación e reordenación do parque infantil do colexio de Artes.

Cun orzamento de 32.834 euros e un prazo de execución de dous meses, a intervención persegue ampliar a zona de xogos coa colocación dun rocódromo e dous muelles que se suman aos cinco xogos xa existentes, que se disporán sobre un novo pavimento de caucho continuo rodeado de herba artificial ata completar unha área de actuación de 300 metros cadrados. Ademais, instalarán unha liña de pluviais para evitar encharcamentos. arca

11 jul 2020 / 20:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito