Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Preséntanse 28 ofertas ás actuacións de Ribeira

Ribeira. O Concello de Ribeira comunica que se presentaron 28 ofertas para a realización dunha nova actuación, que consistirá na instalación de beirrarúas e canalización de augas pluviais a unha zona do barrio de Cubeliños, en Santa Uxía. A finalidade do proxecto é “mellorar a accesibilidade e seguridade viaria na zona”. O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación e Servizos de Competencia Municipal POS+ 2019 da Deputación, cun prazo de execución das obras de catro meses e un orzamento de 77.275€, IVE incluído. N.V.

11 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito