Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Preséntase o martes en Ribeira o curso sobre o relevo no eido da pesca

Ribeira. O centro cultural Lustres Rivas de Ribeira vai albergar o vindeiro martes 21 unha xornada de presentación do proxecto Relevo 2020, unha iniciativa orientada a promover o relevo xeracional no sector pesqueiro mediante a capacitación de mozos e mozas, a través da formación e mellor coñecemento dos recursos dos territorios.

Trátase dunha unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP): A Mariña–Ortegal, Golgo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible e Ría de Arousa.

O acto principiará ás 11.30 horas e contará coa presenza de representantes de asociacións, técnicos de concellos e confrarías. Os interesados en asistir poden solicitalo a través do enderezo electrónico info@relevo2020.org.

O programa levarase a cabo entre setembro de 2020 e abril de 2021. Haberá 15 prazas en cada cuatrimestre (30 prazas para cada GALP). s. s.

17 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito