Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Preto de 150 amienses participan esta quincena na Escola de Verán local

AMES. Comeza o mes de xullo e con el, unha nova edición da Escola de Verán do Concello de Ames, que este ano se desenvolve no CEIP da Maía, no CEP de Ventín e na EEI do Milladoiro. Durante a primeira quincena deste mes están participando 137 nenos e nenas nas actividades do programa de conciliación. Iso sí, estanse a tomar todas as medidas de seguridade precisas, entre elas, dividir aos rapaces en grupos de 15 usuarios como máximo, xunto con dous monitores. “Estes grupos están nunha parte específica das instalacións do centro educativo e non se mesturan cos usuarios do resto de grupos”, indican dende o goberno local. Ademais, tamén se adoptan medidas de hixiene nas actividades impartidas, xa que o material que se emprega límpase con líquido hidroalcólico, advirten fontes municipais. Mantense asemade o debido distanciamento social no comedor, xa que cada neno ten unha distancia de 1,5 metros co seu compañeiro. Este ano escolleuse como mascota da Escola de verán un corazón verde que se chama Cora. Foi elixido en recoñecemento ao traballo dos profesionais da sanidade pública durante o estado de alarma. Así, durante a primeira quincena as actividades estarán centradas nos hábitos saudables. A.P.

03 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito