Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Quince tendas de Outes sacarán os seus artigos mañá á rúa con A Feiriña

OUTES. O rexedor de Outes, Manuel González, e a tenente de alcalde, Alba Quintela, presentaron onte A Feiriña, unha actividade de promoción de comercio local en virtude da cal quince establecementos sacarán mañá os seus artigos á venda na zona de stands que se ubicarán na rúa da Capela. Será entre as once da mañá e as tres do mediodía e estarán representados sectores como o calzado, a roupa, os complementos, a xoiería ou a decoración (mesmo haberá un concesionario de coches). Ademais, haberá música e actividades infantís; ás 12.00, xogos e contos da man de Teatro Calavera, e ás 13.30, a actuación de Najha Shami e Sheila Patricia. Ademais, contarase con degustacións de aperitivos. Os comerciantes recibirán bolsas co eslogan da campaña En Outes, activada polo Concello e que inclúe un vídeo promocional do sector e, pronto, un directorio web do mesmo. S. S.

07 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.