Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rexeita o goberno de Vimianzo as propostas de tipo económico e social ante a pandemia

Consideran que poderían comprometer as arcas municipais e que polo tanto seguirase coas mesmas

Vimianzo. O Concello de Vimianzo decidiu no pleno extraordinario de onte “continuar cos cauces legais que amparan as medidas económicas e sociais para saír da crise do covid-19”, entendendo que as propostas para modificar as mesmas “non teñen sustento económico, puidendo comprometer as arcas municipais si se levasen a cabo”.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo agradecer as mostras de “responsabilidade política do grupo popular de Vimianzo para coa veciñanza” e indicou que moitas das medidas coinciden coas xa levadas a cabo, pero que hai outras que “non nos podemos permitir”, sinala a rexedora. O grupo da oposición Adiante Vimianzo “propoñía comprometer un gasto de 500.000 euros en medidas que non se sustentaban nun preceptivo estudo, como se constatou no informe emitido pola secretaría municipal”, indica Mónica Rodríguez. Estas serían, entre outras, “80.000 euros para a compra de ordenadores e 60.000 € para os máis de 800 autónomos que integran o tecido empresarial do noso concello”. Botei de menos “a proposta dun Plan de Emprego, xa que para gastar primeiro hai que ter ingresos”, sentenciou. A.P.

22 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito