Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Rois organiza o Diververán 2020 en locais sociais, deportivos e veciñais

Rois. O Concello de Rois fará este ano unha modificación para desenvolver o programa Diververán 2020 para facilitar a conciliación familiar

durante os meses de xullo e agosto. Para cumprir coa normativa de seguridade derivada do Covid-19, as actividades este ano ofertanse simultaneamente nos locais sociais, veciñais e equipamentos municipais existentes nas parroquias.

O Diververán 2020 está dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2004 e 2017 (de entre 3 e 16 anos), que deberán inscribirse na parroquia na que viven. Desenvolverase de 10.00 a 14.00 horas, e terá servizo de almorzo. Para participar terá preferencia a rapazada empadroada en Rois. Ademáis establecerán un número mínimo e máximo de participantes. Haberá catro quendas, unha por cada quincena dos meses de xullo e agosto.

O prazo de inscrición para o Diververán 2020 de Rois remata o 10 de xuño. s. e.

02 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito