Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sen feira este domingo no barrio da Milagrosa

CARBALLO. A concellaría de Feiras e representantes do sector da venda ambulante acordaron suspender a feira do domingo no barrio da Milagrosa, como medida de prevención ante as actuais restricións sanitarias. Ademais traballarán na busca de alternativas que permitan manter a actividade dos feirantes no caso de que se manteña a situación sanitaria ou que se repita ao longo do ano. Neste sentido, o concelleiro de Feiras, Juan Seoane, valorou moi positivamente a colaboración e a boa disposición do sector para que Carballo poida seguir celebrando feiras e mercados nas mellores condicións de seguridade. Na Praza do Concello mantéñense os mercados dos xoves e as feiras dos domingos coa distribución establecida tras o estado de alarma e que xa está consolidada. Dende o Concello pregan a vendedores e compradores que respecten as medidas de seguridade utilizando mascarillas, evitando tocar os productos e mantendo as distancias. J. M.

11 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.