Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Silleda renovará nos vindeiros meses o parque da praza Juan Salgueiro

Silleda. O Concello de Silleda renovará nos vindeiros meses o parque infantil da praza Juan Salgueiro de Silleda,na antiga praza da Feira Vella, un dos máis concorridos da vila. O proxecto, presentado o pasado mes de febreiro á liña de subvencións de Vicepresidencia para equipamentos públicos vén de acadar a colaboración da Administración autonómica.

Esta actuación prevé un investimento de 100.850,66 euros, aportando a maioría dos fondos as arcas municipais (60.000 €), ca subvención do 39,66% (40.000 €) por parte da Xunta. Trátase dun concorrido espazo público que conta con elementos de xogo moi deteriorados polo uso e o paso do tempo.

Con este proxecto búscase renovar todo o espazo adicado a parque infantil, que hoxe ocupa unha superficie de 400 metros cadrados. “Cremos que a mellora deste espazo é unha necesidade, xa que se trata dun dos parques máis antigos e está situado nunha zona á que acuden numerosas familias”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

En 2015 renovaron tamén os parques da Igrexa e o da praza da Bandeira. S. E.

02 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito