Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sube a demanda no campamento da Aula da Natureza de Ames

A pesar de que a crise sanitaria obriga a reducir o aforo nas actividades de carácter social e que a desconfianza que produce a situación actual reduce considerablemente a asistencia a calquera evento; os campamentos da Aula da Natureza de Ames reciben este ano a máis nenos ca nos anteriores. Sen dúbida, uns datos que hoxe resultan do máis inusual.

Son un total de 65 os rapaces (de Primaria e Secundaria) que están a desfrutar das actividades; un incremento na demanda que provou que “se fixeran tres quendas, no canto das dúas que adoitaban organizarse en anteriores anos”, explican dende o goberno local.

A primeira desenvolveuse entre o 22 e o 30 de xuño. Os participantes aprenderon conceptos básicos á hora de coidar unha horta: plantaron leitugas, espinacas, acelgas e cebolas; encargáronse diariamente da rega, de arrincar as malas herbas... Tamén fixeron unha excursión á praia da Aguieira e recolleron plantas mediciñais durante un percorrido pola ruta do Rego da Andoriña.

A segunda quenda desenvolveuse entre o 6 e o 17 deste mes. Os obradoiros de fósiles, as cometas, os traballos manuais con materiais de reciclaxe, arcos e frechas e xogos por equipos para fomentar a colaboración, foron algunhas das actividades que conformaron esta parte dos campamentos. A última terá lugar nesta segunda quincena e están previstas novas propostas.

20 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito