Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Talleres anticovid para hostaleiros da man do Terras de Compostela

Finalizaron onte en Ames e Santa Comba e centráronse en formar para frear os contaxios

Vedra. Dende o pasado 4 de xuño, o GDR Terras de Compostela puxo en marcha en todos os municipios socios un taller informativo sobre medidas hixiénico-sanitarias para facer fronte ao covid-19. O turismo foi un dos sectores produtivos máis afectados pola pandemia e por iso o GDR “quiere poner en marcha un plan de formación y concienciación del personal de establecimientos turísticos de restauración, alojamientos... del sector hostelero en general de los ayuntamientos que pertenecen a nuestro territorio”, explican dende o Grupo de Desenvolvemento Rural.

A idea destes cursos non é outra que ofrecer aos traballadores do sector turístico toda a información sobre os protocolos que deben ter en conta para evitar ao máximo o risco de contaxio. A base da que parten nos talleres formativos é a de respectar en todo momento o distanciamento social, facilitar os dispositivos e medios que potencian o frecuente e adecuado lavado das mans, eliminar ou reducir os obxectos e superficies compartidas entre persoas, e intensificar os labores de limpeza e desinfección. Santa Comba e Ames recibiron onte a última sesión. A. PRADA

11 jun 2020 / 00:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.