Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un pequeno lume destrúe parte do arquivo municipal do Concello de Brión

O incendio, declarado onte á tarde, orixinouse por un problema eléctrico e causou danos materiais nas instalacións

A casa consistorial de Brión sufriu na tarde de onte martes un pequeno lume que destruíu unha parte do arquivo municipal, emprazado no soto do edificio da avenida de Santa Minia (Pedrouzos). A rápida e minuciosa intervención dos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión permitiu minorar os danos, cuxa cuantificación está aínda pendente de peritación.

O alcalde de Brión, José Luís García, explica que “o lume tivo lugar no arquivo municipal e, dentro do grave, houbo moita sorte porque non afectou nin a documentación histórica nin a procedementos en tramitación, só a un estante con documentos entre os anos 1979 e 1981”. Neste sentido, García pon en valor a actuación do GES de Brión pois “foi unha actuación que os honra e salvaron moita documentación, utilizando a menor cantidade de auga posible para evitar causar danos e controlando tan rápido o lume que non foi preciso mobilizar aos bombeiros de Santiago”. De feito, os bombeiros foron avisados inicialmente pero, diante da rápida actuación do GES de Brión, chamouse de volta e non chegaron a saír da base.

A falta de confirmación por parte dos peritos, todo apunta a que o lume se iniciou nunha toma eléctrica dun deshumidificador, descoñecéndose se foi por problema da instalación eléctrica ou do propio aparato. O lume produciuse pasadas as 14:30 horas de onte martes, polo que as dependencias municipais estaban xa baleiras de persoal. Unha das persoas que estaba cun horario diferente foi a que escoitou a alarma e deu o aviso, o que permitiu unha rápida actuación.

O lume xerou unha importante fumareda que afectou a todo o edificio, polo que o Concello de Brión empregou na tarde de onte o canón de ozono adquirido recentemente para o GES para desinfectar e quitar os olores na zona. O que está pendente por decidir é como afrontar a limpeza dos numerosos cadros, cedidos polos participantes nos Encontros da Arte, que resultaron afectados pola cinza e polo fume. O alcalde adianta que o Concello vai proceder tamén a unha revisión do sistema de alarma.

BRIÓN. N.C.

17 jun 2020 / 12:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.