Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Viaxa virtualmente a Xapón o ‘alfombrado’ hórreo de Araño

Forma parte da creación de 20 artistas florais de Galicia para un congreso en Tokio // Íanse desprazar ó país nipón, pero a cita suspendeuse

Este mes íase celebrar en Xapón o Congreso de Alfombrismo e Arte Efémera Tokio 2020, organizado pola Coordinadora Internacional de Alfombristas de Arte Efémera, na que está integrada a federación galega. E ata alí tiñan previsto desprazarse vinte artistas galegos desa disciplina, entre eles o rianxeiro Carlos Henrique Fernández Coto, que xunto a

Josefa Martínez Vicente e Elisabeth Alcalde, elaborou unha obra en representación do colectivo local Ondiñas Mainas, ó que pertencen.

Pero o congreso suspendeuse pola pandemia do coronavirus, e deixounos a todos coas gañas... e sen os cartos dos billetes de avión.

Así pois, creando novas oportunidades, a citada coordinadora creou un proxecto virtual denominado Soñando Tokio. Os alfombristas galegos confeccionaron unha alfombra floral conxunta, virtual, composta de 9 cadros. Cada un fíxoo unha delegación: 4 son emblemas identitarios de Xapón; outros 4, de Galicia (o solpor nas Illas Cíes, o hórreo rianxeiro de Araño, a catedral de Santiago e un calvario de tres cruces de Pontevedra); e outro dunha obra feita en Ponteareas.

A alfombra de Ondiñas Mainas (que representa a graneira de Araño, o hórreo máis longo do mundo, como un emblema identitario galego) foi confeccionada con terra e area do lugar, tulla, hortensia e outros elementos naturais. Ten unhas dimensión de dous por un metros e, conxuntamente coas outras oito creacións, fíxose unha composición fotográfica que foi enviada a Tokio, na honra da asociación de alfombristas organizadora do citado congreso internacional.

A peza sobre as Illas Cíes é obra dos alfombristas de Moaña; a da catedral compostelá, dos de Bueu; a do calvario, dos de Redondela; e a dos motivos xaponeses, dos de Burela, Miño, Ames e Cerponzóns (Pontevedra).

02 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito