Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vistosos ‘smoothies’ na Efa Piñeiral

Arzúa. Despois de pór en marcha un obradoiro sobre a rede social de moda: Instagram; o centro formativo Efa Piñeiral de Arzúa ofreceu onte un obradoiro de elaboración de smoothies. Esta acción formativa, na que participaron rapaces maiores de 12 anos, serviu para pór en práctica os coñecementos do ciclo de panadaría, repostaría e confitaría, impartido no centro, no tocante á creación de saborosos e vistosos smoothies. E é que segundo apuntan dende Efa, buscan poñer en práctica elaboracións saudables, e nos smoothies, a froita toma todo o protagonismo. Estes cursos están enmarcados na programación Un Verán Diferente, na que perticipan varios concellos. A.P.

08 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito